A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, e o secretario xeral de CCOO Xose Manuel Sánchez Aguión, esixen a aplicación dunha política responsable. A cidadanía está a sufrir unha situación de continuos recortes sociais, dende sanidade, educación, xustiza, todo esto dende unha liña clara de privatización dos alicerces fundamentais nos que se sustenta o estado de benestar. A política de axustes do PP está a arrasar con anos de loita e dereitos acadados.
A executiva nacional de Esquerda Unida está a realizar xuntanzas cos axentes e movementos sociais na procura da tan necesaria unidade de acción que permita facer fronte as políticas neoliberais que fan recaer a crise sobre as familias traballadoras. Combater a agresividade política que o goberno de Feijóo está a aplicar fai que cada vez sexa máis necesaria a converxencia a esquerda social. É fundamental levar adiante unha acción unitaria con todos os movementos sociais e políticos para frear esta ditadura de axustes que a dereita máis reaccionaria nos está a impoñer.
Con todo esto, Esquerda Unida valora positivamente a xuntanza con CC.OO. onde ambas organización coinciden en que outra política é posible e tamén é necesaria.
Esquerda Unida está a manter unha serie de xuntanzas periódicas con CC.OO. para tratar diferentes temas relacionados coa situación laboral, económica e social á que os traballadores estamos sometidos.