Xuntanza con Galiza Mellor Sen Touradas

 

A Xuntanza serviu para coordinar esforzos na loita contra o financiamento público das touradas. Durante a reunión analizouse o continuo descenso de espectadores a dito evento na Coruña, decenso que segundo os datos de Galiza Mellor Sen Touradas situouse nun 30% no último ano. Así no 2010 vendéronse tan so 907 abonos e 3598 entradas para os tres días do evento, o que ven a supoñer pouco máis do 16% do aforo.

 

Asemade obsevase un continuo descenso da venta de abonos, o que de facto supón a fidelización ao espectáculo, mentres no 2008 venderonse 1075 abonos en 2010 tan so chegouse a 907. Mentres que os abonos regalados supusieron 528 e as entradas regaladas 2728. Estes datos amosan que máis do 50% do asistentes o fan de valde, cos cartos de todos e todas. O que demostra a insustentabilidade dun expectáculo rexeitado polo 73% dos coruñeses e coruñesas.

 

O grupo municipal de EU Coruña solicitará ao IMCE o expediente relativo a feira taurina para constatar a falta de apoio da cidadanía coruñesa cara un espectalulo que maltrata ao animais.

 

Finalmente, César Santiso reafirmou o rexeitamento do grupo municipal de EU as subvencións públicas das touradas, “semella indigante, case que inmoral, que en plena crise sistemática con máis do 10% da veciñanza en risco de exclusión social, o concello invista anualmente 128.500 € para subvencionar un espectáculo ao que so pagan entrada 4505 coruñeses e coruñesas nos seus tres días de desenvolvemento”.

 

Ambas as dúas organizacións consideraron moi produtiva a xuntanza e observaron o alto grado de coincidencia e entendemento. Polo que decidirón manter unha nova xuntanza unha vez que o grupo municipal de EU analice os datos do expendente que se solicitará ao IMCE. 

 

Relacionados