Xuntanza cos veciños do Birloque

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentou a AVV. Os Anxos as súas propostas para permitir que os veciños afectados teñan capacidade de decisión sobre o outorgamento de permisos de terrazas cando estas constitúan unha excepción á norma, así como os permisos para todos os locais hostaleiros que se atopen fora do grupo I, como pubs, hoteis ou discotecas. Con esta iniciativa se lle outorga verdadeira capacidade de decisión á cidadanía, porque non debemos esquecer que estamos a falar de uso privativo de espazos públicos que pertencen a todos e todas.

Esquerda Unida pide que a ordenanza de terrazas defina claramente a comisión de seguimento e control para evitar arbitrariedades, posto que a norma é excesivamente permisiva e flexible semella necesario que a ordenanza inclúa a definición de funciones e a composición da Comisión de Seguimento para outorgarlle capacidade de decisión tanto nos permisos que incluían excepcións e para locais distintos ao grupo I, como de control en canto a denuncias. Permitindo así que os membros da comisión desenvolvan unha función de enlace entre veciñanza e Concello o que axilizará e fará máis eficaz o control do cumprimento da ordenanza. A Comisión, cuxo regulamento se aprobará en Pleno, estará composta por un representante de cada federación veciñal, do sector hostaleiro, das persoas con minusvalía, de cada grupo da oposición, do colexio de arquitectos e da Escola Técnica Superior de Arquitectura da USC, ademais dos técnicos e concelleiro designado polo goberno municipal.

Con estas ferramentas poderá conxugarse de maneira equitativa dos intereses da veciñanza e dos hostaleiros en canto a xestión do espazo público e garantir principio de espazo de convivencia para todos e todas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, denunciou que “o goberno municipal aínda non comunicou a AVV. Os anxos a solución adoptada para evitar que a terceira rolda deixe illada á veciñanza dos servizos básicos do barrio, semella que prosigue coa súa política de acose e derrubo a todos os colectivos veciñais que non son da súa corda. Unha actitude lamentable e que ben a demostrar as acusacións que vimos denunciando dende fai ano e medio de que o PP está a tecer unha rede clientelar. Santiso fixo estas declaracións logo de visitar as obras da terceira rolda co presidente da AVV. Ramón Mañana quen lle informou desta situación. Durante a visita púidose constatar como proseguen os problemas de inseguridade viaria, de mobilidade e de déficit de infraestruturas denunciados no pleno do concello por EU-V fai máis dun ano.

Relacionados