Xuntanza de EU coa Asociación de sen papeis da Coruña

 

A situación na Coruña é especialmente grave debido a actuación que está a desenvolver o concello, moi superior que no resto do Estado.

 

Para analizar a grave situación que están a vivir as persoas sen papeis na cidade, Esquerda Unida, a través do seu coordinador comarcal César Santiso, ven de manter unha xuntanza coa Asociación de sen papeis da Coruña.

  

Do resultado desta reunión EU puido constatar algo que dende que comezou o ano 2011 moitos cidadáns veñen denunciando a nosa organización, o constante acoso por parte da policía local cara a este colectivo, xa que logo, o concello comarcal de EU Coruña denuncia a persecución policial, mandatada polo concello, contra o colectivo de inmigrantes de orixe subsahariano por parte do concello da Coruña. Pois é obvio que a policía local actúa segundo instruccións da concellería de seguridade cidadá.

 

Para Esquerda Unida resulta lamentábel o comportamento do Goberno coruñés neste asunto, pois lonxe de buscar solucións para un colectivo desfavorecido que encontra na venta ambulante o seu único medio de subsistir, está a empuxarlles cara á exclusión social.

 

Ao remate da reunión, ambas as dúas organizacións valoraron como moi positiva a xuntanza mantida e constataron a súa total coincidencia no análise da situación que está a vivir o colectivo de sen papeis na Coruña ao tempo que avanzaron na procura de solucións, así pois, acordaron manter xuntanzas periódicas para avanzares na solución do problema.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, reiterou o total apoio de Esquerda Unida as persoas migrantes en xeral e ao dito colectivo en particular, é fixo unha chamada a unidade de acción da esquerda social e política para loitar xuntos contra esta inxustiza.

 

César Santiso criticou que o Goberno local utilice os recursos policiais do concello para perseguir a persoas cuxo presunto delito está tipificado como falta leve e, con todo, desatenda as verdadeiras necesidades da cidadanía como unha maior implicación na regulación do caótico trafico coruñés.

Relacionados