ferrol.gif - 5.79 Kb

Xuntanza desemprego e desafiuzamentos

Os datos do desemprego que non cesa de aumentar e a crecente onda de desafiuzamentos esixen das organizacións políticas a humildade de pór en común as nosas propostas e acoller iniciativas e suxestións ao obxecto de acadar  accións unitarias que sirvan para enfrontar a crise e protexer aos afectados máis duramente por ela. 

 

Na sede local de EU e a partires das 12:30 horas, Yolanda Díaz encabezará unha delegación de Esquerda Unida para tratar de artellar respostas colectivas que contribúan a garantir a protección social e a evitar a deriva cara a exclusión social e a pobreza que se están a producir sen descanso no entorno social de todos nós, na cidade e na comarca.

 

Nunha primeira reunión, Esquerda Unida tentará unha posta ene común de propostas e iniciativas con diversas entidades de axuda social representativas que están a traballar no día a día cos rostros das persoas atrapadas na pobreza e maila exclusión social nun traballos social indispensable e que cobre os baleiros que a acción e políticas públicas ignoran ou descoidan. Xunto ás entidades sociais, EU  convoca aos sindicatos de clase, protagonistas da defensa dun modelo social  ameazado polas políticas de ZP e Feijóo para achar espazos de colaboración  a prol dos intereses dos máis febles e afectados pola crise.  

 

Esta iniciativa ten un obxecto de achegar propostas que dende o local sirvan para enfrontar a situación de pobreza e exclusión que viven moitas e moitos dos nosos veciños e veciñas,  diante da pasividade dos poderes públicos responsables de facer cumprir o mandato constitucional de desenvolver o Estado Social e Democrático.

Relacionados