Xuntanza EU e AVV Castrillón-Urbanización Soto

 

A reunión enmárcase dentro da rolda de xuntanzas que EU está a desenvolver co tecido asociativo coruñés, logo das desenvolvidas coa AVV Os Castros-San Diego e a AVV Los Rosales, para tomar nota das demandas da veciñanza e avanzares as propostas de EU para a consecución dunha participación cidadá real a través dos orzamentos participativos.

 

Durante a xuntanza, tratouse a problemática do complexo deportivo e a piscina ademais da grave situación de mobilidade que se está a vivir debido ao atraso urbanístico do barrio ao ter desenvolvidas tan so dúas das catro zonas urbanísticas. Asemade abordouse a construción da residencia da 3ª eade e a ampliación do centro de saúde.

 

O consello comarcal de EU Coruña apoia a proposta en relación coa piscina do complexo deportivo presentada pola AVV, en representación da veciñanza do barrio do Castrillón. Esquerda Unida, convértese así, na primeira forza política en apoiar publicamente a devandita iniciativa que conta co aval de máis de 2150 sinaturas de veciñas e veciños do barrio.

 

O coordinador comarcal de EU saúda a iniciativa de acollerse ao dereito de petición contemplado no artigo 11 do regulamento de participación cidadá. César Santiso indicou “esperemos que o concello tome nota da iniciativa da AVV. O Castrillón e comence a promocionar un regulamento oxidado por falta de uso, debido a nula vontade política do Goberno local por ceder poder de decisión a veciñanza.

 

César Santiso explicou a proposta de EU no eido da participación cidadá onde as Asembleas de barrio terán a potestade de asignar democraticamente orzamentos as distintas actuacións nos seus barrios, segundo os orzamentos xerais destinados a participación cidadá que define o Pleno do concello e distribuese segundo acorde o Consello de barrios formado por membros elixidos democraticamente en cada Comité de distrito.

Relacionados