A representación de Esquerda Unida estibo formada polo seu coordinador comarcal, César Santiso, o representante de movementos sociais, Miguel Novoa, e o voceiro do grupo municipal de EU Cambre, Luís Taibo. Mentres que a delegación do comité de empresa, onde teñen representación as centrais sindicais CCOO, FSAI, UGT e USO estaba encabezada polo seu presidente Fernando Díaz.
No transcurso da reunión avaliouse a irracional política que está a desenvolver o Goberno central no sector aeronáutico, mediante a privatización dos aeroportos.
Os membros do comité de empresa transmitiron o seu temor sobre un futuro peche do aeroporto de Alvedro debido a que o aeroporto coruñés non produce os beneficios necesarios como para resultar atractivo aos investidores privados.
Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña alerta da posibilidade do peche do aeroporto de alvedro e a conseguinte perda de centos de postos de traballo entre traballadores de AENA, das distintas concesionarias que operan no aeroporto e os postos indirectos.
O coordinador comarcal de EU subliñou que é necesario que a cidadanía sexa consciente de que no estamos a falar do colectivo de controladores, senón do persoal de terra que perderan “por decreto” a súa condición pública, logo de haber superado a súa oposición correspondente. Unha enorme inxustiza cun colectivo de traballadores que, ao contrario do que pretende facer crer o Goberno non son uns privilexiados pois o seu salario fluctúa dende os 1100 aos 1700 €, senón que son os damnificados directos dun novo espolio que o Goberno do PSOE pretende realizar, deixando en a mans privadas un servizo público estratéxico.
Así, César Santiso indicou que “diante desta nova agresión, apoiaremos aos traballadores e traballadoras nas súa loita. Loita que ampliamos a toda a bisbarra coruñesa debido aos graves prexuízos que para o desenvolvemento económico suporía o peche do aeroporto”.