Hoxe tivo lugar unha xuntanza entre membros da Permanente de Espazo Ecosocialista Galego e da Executiva nacional de Esquerda Unida para valorar a situación política e social de Galicia, de cara a reforzar o traballo común con motivo das vindeiras eleccións europeas de maio de 2014, e a necesidade recoñecida por ambas organizacións de confluír na máis ampla fronte posible de esquerda nacional galega ACORDAN:
-
Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comparten o análise da difícil situación social e democrática que se está a vivir polo que son tempos que requiren das máis amplas unidades democráticas e de esquerda.
-
Que as eleccións europeas nese contexto de sufrimento dos sectores máis desfavorecidos da poboación requiren programas claros de ruptura coas directrices da troica e que combatan as políticas de recortes e austeridade en Galicia e que afecten a Galicia dende o estado e dende a UE, alternativas de mantemento sostible dos servizos públicos e dunha economía o servizo das necesidades da cidadanía, e non dos poderes económicos especuladores.
-
Que estes acordos amplos só poden ser eficaces cunha coordinación de proxectos de ruptura a nivel de Europa e cunha alianza a nivel de Estado que permitan abordar un proceso de superación democrática do esgotado modelo saído da transición.
-
Que nesa ampla unidade debe participar un suxeito nacional galego, xa que a nova democracia debe ter un carácter plurinacional claro, coordinado cun proxecto de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a circunscrición única e a situación de crise sistémica e de novo proceso (s) constituínte (s).
-
Que debe ser arredor de AGE onde se constrúa ese suxeito político de esquerda nacional galega concorrente nese proceso electoral dende unha colaboración estratéxica, corresponsable e compartida (de igual a igual) das súas forzas políticas que permita seguir a construír o novo proxecto político da esquerda nacional galega posto en marcha hai un ano .
-
Como daquela, non pode haber lugar ás exclusións na participación neste proceso, desde as premisas de compartir as bases programáticas que se definan, mellorando o funcionamento interno, observándose as reivindicacións de máis democracia interna, máis transparencia e máis protagonismo da propia cidadanía crítica e mobilizada.
-
Que Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista están en condicións de compartir unha mesma candidatura ás eleccións europeas nas claves anteriormente expostas.
-
Que ademais de alianzas electorais a esquerda debe avanzar en formular de cooperación estratéxica sobre un carácter democrático e nacional. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comprométense, nesa liña.