Xuntanza EU Platafomra Ventorrillo

A delegación de EU estaba formada polo seu coordinador comarcal, Cesar Santiso, o responsábel de organización, Jorge Gil Morabes, a responsábel de comunicación, Luz Ponte e Jesús Liste.  A ampla delegación da platafora estaba encabezada pola súa presidenta, Ana Oreiro. Logo dunha completa descrición da situación que se vive en Penamoa e o Ventorrillo, avalada con material gráfico, a presidenta da plataforma agradeceu profundamente a Esquerda Unida a súa vontade de dialogo e indicou que EU foi a única forza de esquerdas que accedeu a reunirse coa plataforma. 

César Santiso, indicou que a participación cidadá é unha das sinais de Esquerda Unida, polo que as xuntanzas coa veciñanza son parte prioritaria de a súa acción política. “como imos a desenvolver políticas para a veciñanza se non somos quen de escoitala. Nos queremos facer política coa cidadanía, non para a cidadanía”.

Santiso afirmou que “o concello falta a realidade tanto cando valora o plan de integración de modélico, como cando afirma que os problemas da veciñanza do Ventorrilo están a rematar”. Así, denunciou que o plan de integración e unha cortina de fume para esconder un problema creado polo propio concello cando nos anos 80 creou o gueto de infravivendas, concentrando a chabolistas doutras zonas da cidade.

Para o coordinador comarcal de EU non se pode considerar como plan de integración o mero feito de outorgar unha vivenda temporalmente, a integración supón outras moitas medidas de inclusión social, que neste caso brillan pola súa ausencia.

Por outra banda, César Santiso, asegurou que o concello nunca tivo en conta a veciñanza do Ventorrillo, abandonada a súa sorte entre xiringas durante 30 anos, como o amosa o feito de que non comezou a desmantelar o Poboado, considerado como o maior supermercado de droga do noroeste, até a construción da 3 rolda.

Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña denuncia a pasividade das institucións diante do grave problema social, medioambiental e de saúde que se vive no poboado de Penamoa.

Relacionados