Xuntanza Oza-Gaiteira-Os Castros

 

Mentres que por EU acudiu o responsábel de organización, Jorge Gil e o voceiro do grupo municipal, César Santiso.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda ao Goberno municipal maior diálogo co tecido asociativo coruñés e un trato igualitario para todos os barrios e asociacións veciñais, logo de ser testemuña como a meirande parte das asociacións son obviadas dende o Concello e algunhas, como a activa asociación de Oza-Gaiteira-Os Castros que con 36 anos de historia e 350 asociados, ten que afrontar con fondos propios os custes de aluguer do local a pesares de facer unha grande labor social, desenvolvendo diversas actividades para a veciñanza, dinamizando a vida do barrio e actuando como elemento de cohesión social.

 

Esquerda Unida, tras reunirse coa AVV. Oza-Gatiteira-Os Castros, constata a situación de abandono que sufre a zona, polo que esixe ao Goberno local que tome medidas para equiparala en canto a dotacións, infraestruturas e mantemento co resto de barrios da cidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o desenvolvemento na Coruña funciona a distintas velocidades, existen barrios de primeira e barrios de segunda ou terceira, loitaremos por un reparto máis xusto e equitativo entre as distintas zonas, porque todos os coruñeses teñen os mesmos dereitos”.

 

César Santiso, mostrou a súa satisfacción polo grado de entendemento e coincidencia acadado coa asociación, e puxo por exemplo a consecución de maior participación cidadá ata alcanzar orzamentos participativos para que cada barrio poida decidir de maneira democrática, en que investir parte do orzamento destinado ao mantemento e dotacións, o pulo por maior xustiza social, a creación dun banco de tempo para compartir solidariamente entre os veciños, ou o desenvolvemento e hortas urbanas para que a veciñanza poida traballalas, aprendendo así técnicas hortícolas ao tempo que obteñen os seu propios alimentos e se favorece o cooperativismo.

 

Santiso lembrou que este tipo de medidas as defenderon nas pasadas eleccións municipais porque as tiñan incorporadas ao seu programa municipal, polo que está clara a nosa aposta decidida por elas, polo que brindou todo o apoio de EU-V á asociación para poder desenvolvelas.

Relacionados