· Os deputados parlamentarios reuníronse esta mañán cos representantes dos afectados polas preferentes quenes trasladaron o seu malestar e inquedanza ante a situación actual na que paralizouse o sistema de arbitraxe tras as eleccións
· O Grupo Parlamentar denuncia que Feijoo coñecía a situación xa que no 2009 se encargara unha auditoría a entidade bancaria na que xa se informaba do tema das preferentes
Santiago de Compostela, 30 novembro de 2012.- O voceiro do grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, a vicevoceira, Yolanda Díaz, e o deputado parlamentar, Antón Sánchez, mantiveron esta mañán un encontro de traballo con representates das plataformas de afectados polas preferentes quenes trasladaron o seu malestar e a súa preocupación pola actual situación de paralese do sistema de arbitraxe unha vez pasadas as eleccións.
Os afectados denunciaron así mesmo a inquedanza ante o Decreto do Goberno central relativo a este problema no que establecese unha serie de quitas sobre as cantidades. O que reivindican desde as distintas plataformas de afectados é que estas quitas sexan só para os inversores e non para os aforradores.
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda comprometeuse a trasladar as iniciativas dos afectados ao Parlamento así como requerír a Feijoo que exisa que se cree unha comisión de investigación específica sobre as preferentes ou que se inclúa de un xeito específico a temática das preferentes na Comisión de investigación das caixas polo tema das indemnizacións. Ademáis estudiarase a posibilidade de levar o tema das preferentes pola vía penal tal e como se tratou esta mañá no encontro cos afectados.
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda denunciou ademáis a “complicidade política” do Sr. Feijoo xa que “coñecía a situación desde 2009” cando se encargou unha auditoría a entidade bancaria e onde xa se facía referencia as preferentes.
Os membros do Grupo Parlamentar comprometéronse en trasladar toda a información así como presionar ao Goberno Central para que lle dea unha solución xusta a todos os afectados polas preferentes.