Xuntanza Plataforma Ventorrillo

 

César Santiso indicou que se está a demostrar o que EU-V viña anunciando dende fai máis dun ano, que co desmantelamento de Panamoa non se resolve o problema, senón que é necesario a rexeneración e inmediata reutilización do espazo. Como o demostra o feito que na actualidade séguese a traficar con drogas e realizando queimas ilegais na zona.

 

O grupo municipal de Esquerda propón a creación dun aparcadoiro disuasorio gratuíto e un grande espazo de lecer e servizos para a cidadanía que inclúa un parque con zona de hortas urbanas e verxeis de froiteiras para promover a agricultura ecolóxica como entretemento, deporte e, incluso, como oportunidade para que as persoas desempregadas síntanse produtivas e poidan facer achegas á economía familiar, avanzando así cara á soberanía alimentaria coruñesa. O aparcadoiro situaríase ao carón da terceira rolda para evitar a entrada de vehículos no centro da cidade, pero que tamén podería ser utilizado pola veciñanza habida conta dos graves problemas de aparcamento que padece a zona.

 

A presidenta da Plataforma do Ventorrillo, Ana Oreiro, denuncio a pasividade e permisividade do goberno municipal que coa súa inacción está a permitir un novo asentamento na Agra das baixadoras, onde se está a consolidar como punto de droga, do que son coñecedores tanto o goberno local como a policía.

 

Ana Oreiro considerou unha lacra que teñen que soportas os veciños, as tóxicas e contaminantes queimas que se producen case que a diario (ordenadores, televisións, frigoríficos, etc.) coa permisividade dos poderes públicos, así como o vertedoiro no que se está a converter Penamoa. “o sr. Negreira e os seus colaboradores non fixeron nada por Penamoa, mentiu cando dixo que coa retirada das chabolas comezaría a rexeneración, porque agora o pospón para despois do verán”.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “como o goberno municipal non actúa seremos nós quen levemos a voz da cidadanía ao Concello, desenvolveremos unha Asemblea de Barrio no Ventorrillo, porque cumprimos o que dicimos. Fai pouco máis dun ano iniciabamos as asembleas de barrio, precisamente, no Ventorrillo e alí comprometémonos a defender os lexítimos intereses da veciñanza.

Relacionados