Yolanda Díaz: “A pobreza enerxética é unha realidade que o PP nin ve nin sente”

Esta tarde Yolanda Díaz, voceira de En Marea, defendeu no pleno unha serie de medidas de protección para os consumidores de gas máis vulnerables. “Máis de 7.000 persoas morren ao ano pola pobreza enerxética. Esta é a realidade social, a que o PP non ve nin sente”, dixo Díaz.

“Ou se está do lado dos dereitos fundamentais ou do lado das multinacionais”, sinalou a deputada, quen tamén criticou que o PSOE “non considera o suministro de enerxía como un ben esencial, é dicir, non susceptible de ser cortado polas multinacionais”. “Non entendemos que o PSOE confíe ao Goberno a responsabilidade de definir o nivel de protección cando transcurriron xa nove meses desde que o executivo anunciara o regulamento do bono social”, sinalou, á vez que lembrou que “a asignación do bono social debe ser algo automático, como fan no veciño Portugal, cruzando os datos da axencia tributaria”.

Por último, Yolanda Díaz incidiu en que “cando falamos de Dereitos Humanos temos que elexir de que lado estamos, se do lado dos oligopolios e das grandes empresas ou do lado da xente”.

Ver vídeo dende aquí

Relacionados