Yolanda Díaz participa na presentación da proposta económica trasladada ao Goberno e enfatiza a medida de “subir o SMI a 1.000 euros”

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, participou no acto de presentación das 17 medidas do Grupo Confederal por uns orzamentos para a xente, onde falou da importancia de termos unhas pensións dignas.

“A ferramenta máis eficaz fronte á precariedade é subir o salario mínimo aos 1.000€. Tería un positivo impacto de xenéro e para a recaudación da Seguridade Social”, expón Díaz, que sinalou que “a falta de emprego é outro dos grandes problemas no noso país. Temos que aumentar a protección por desemprego e garantir unha vida digna ás persoas que se quedan sen emprego”.

“As pensións deben revalorizarse por Lei. Cómpre derogar o factor de sostibilidade que supón un recorte aos pensionistas. Precisamos aumentar os ingresos do sistema xeral de seguridade social”, sinalou, ademais de asumir que “hai que derogar as reformas laborais para rematar coa explotación. Non podemos ter sociedades democráticas cando non hai negociación colectiva, hai precariedade e baixos salarios”, rematou a deputada.

Relacionados