Yolanda Díaz pregunta ao Goberno polo restablecemento do subsidio por desemprego a maiores de 52 anos

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, preguntou ao Secretario de Estado polo restablecemento do subsidio por desemprego a maiores de 52 anos, nas condicións previamente existentes ás reformas dos anos 2012 e 2013.

“O PP deu prioridade ás políticas de austeridade mediante recortes que pagan as desempregadas/os e, á hora de escoller, perde a clase traballadora”, deixa claro a deputada. “O Goberno cambiou a idade de xubilación e endureceu os requisitos de acceso a ela”, denunciou.

Ver vídeo dende aquí 

Relacionados