A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de comparecer este martes para falar da posición de En Marea respecto ao proxecto de orzamentos para 2019 que presentou o Goberno de Pedro Sánchez. “Anunciamos que estamos moi lonxe de dar a aprobación a estes orzamentos. É clara a nosa vontade de negociar, pero agora non estamos a favor destas contas para Galicia”, explicou a deputada.
Díaz detallou que os Orzamentos que o Goberno presenta son “moi malos para Galicia” e colócanos na antepenúltima posición despois da Rioxa cunha redución do 20% no investimento, a un orzamento que xa o PP rebaixara sustancialmente. Ademais, reducen o fondo de compensación interterritorial. “É inasumible que En Marea de un si a estes orzamentos”, explicaron.
“Nós insistimos e decímoslle a Pedro Sánchez: así, non”, enfatizou. A voceira lembrou que xa tiñamos a negociación aberta co Goberno nas diversas xuntanzas da Axenda Galega do Cambio, que agora está paralizada e que queremos retomar. Díaz explicou que En Marea veu ao Congreso a representar a Galicia, por iso remitimos unha carta ás deputadas galegas do PSOE e do PP na que pedimos unha xuntanza para falar da situación do investimento en Galicia.
Ver o vídeo dende aquí: