🎥 Yolanda Díaz demanda na Comisión de Industria máis carga de traballo para Navantia

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de interpelar ao Presidente da SEPI sobre o futuro de Navantia. “Coñecemos a negociación entre a parte social e o Goberno, pero temos diversas preocupacións e non compartimos o plantexamento do Goberno. Cádiz e Ferrol dependen da actividade industrial de Navantia. Coñece os datos insoportables de paro? O plantexamento do noso grupo é que, respecto ao rexuvenecemento, non compartimos a amortización de postos de traballo. Por cada traballador que salga debe entrar unha moza ou mozo”, sinala.

Ademais, “demandamos un plantexamento orzamentario e financeiro para o Plan Industrial. Esiximos que o Goberno do noso país lle dea a mesma importancia á consecución de contratos internacionais para Navantia que o resto de países e non perdamos posicións en Europa”, cita a deputada.

Respecto a xestión económica, “a anterior xestión foi nefasta, os datos son malísimos. Que previsión teñen con respecto á situación anterior? Cantos recursos públicos se adicarán á enorme transformación en Navantia, en relación á dixitalización e á parte social?”, pregunta Díaz.

“A día de hoxe Navantia sobrevive cunha magnífica área de reparacións en Ferrol, aínda que estamos perdendo posicións en Europa. O futuro non pode ser a área de reparacións, para garantir a carga de traballo cómpre ir máis aló”, indica.

Ver o vídeo dende: 

Relacionados