Yolanda Díaz e Adoración Guamán imparten en Vigo o coloquio sobre “o efecto dos tratados de libre comercio sobre o emprego”

Esquerda Unida Vigo organiza o vindeiro martes 11 de outubro, a partir das 19:30 horas no Auditorio do Paraninfo do antigo Rectorado da Universidade de Vigo, o coloquio “O efecto dos tratados de libre comercio sobre o emprego”, que versa sobre a análise da precarización socio-laboral, o efecto do libre comercio sobre os dereitos sociais e as vías de protección e promoción dos mesmos.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada no Congreso por En Marea, será a encargada de presentar a charla, impartida por Adoración Guamán, autora, entre outras publicacións, do libro «TTIP. El asalto de las multinacionales a la democracia» (Akal, 2015) e profesora de Dereito do Traballo na Universitat de València, doutora polas universidades de Paris X-Nanterre e Valencia, Licenciada en Ciencias Políticas e directora do Máster en Dereito Electoral e Observación Electoral Internacional.

Relacionados