Díaz esixe ao Goberno que leve á Fiscalía Anticorrupción o Caso de Cospedal e Morenés por frear a construción de fragatas en Navantia

Hoxe levamos ao Congreso un caso que vimos de coñecer recentemente: o Goberno de Rajoy freou durante dous anos a construción de fragatas en Navantia coa fin de adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés. Con esta acción, o PP lograba paralizar un proxecto de 4.000 millóns de euros que garantía a carga de traballo en Ferrol durante anos; un xesto que deixou sen traballo a milleiros de persoas en Galicia.

“Estamos ante un grave caso de corrupción do Estado: podemos decir o ‘Caso Morenés’ ou o ‘Caso do Goberno de Rajoy’, que revela moi ben como funcionan as portas xiratorias. Altos mandatarios do Estado que traballan para as grandes multinacionais”. Así de contundende mostrouse a deputada de En Marea, Yolanda Díaz na sesión de control ao Goberno.

“Fíxense como mandan os que non se presentan ás eleccións”, ironiza a deputada, que lembra que “no ano 1996, o Sr. Morenés, era secretario de Estado de Defensa, co Sr. Aznar. Despois, ata o ano 2011, foi o presidente da multinacional armamentística MBDA e logo, de novo e por último, Ministro con Rajoy”. Neste último periodo, é cando Morenés quere colocar á armanda os misiles da súa empresa, aínda tendo a armada un informe que o desaconsella, bloqueando inicio dos traballos nos estaleiros que a empresa pública ten en Ferrol.

“Que pasa?”, continúa Díaz, “que miles de persoas se van ás rúas e quedan sen traballo e, logo, se lle encarga á empresa de Morenés un contrato para que evalúe uns mísiles que xa dixera a armada que non os aconsellaba. Isto é corrupción e a súa corrupción é un problema para a industria Española e para as xentes do seu país. Por iso lle preguntamos que medidas van tomar ante o corruptor, Cospedal e o Partido Popular?

Van levar este caso á Fiscalía Anticorrupción?”, pregunta a deputada.

“O PSOE, pola reconversión no naval, non ten moi boa fama no sector público. Agora, teñen unha oportunidade para depurar responsabilidades e non comportarse como o PP”, remata Díaz.

Dende Esquerda Unida levamos anos a demandar máis carga de traballo para Navantia, ante o estrangulamento do naval público por parte do PP, no que se perderon milleiros de postos de traballo no estaleiro e o na comarca de Ferrolterra, con altos índices de desemprego.

Ver o vídeo en:

Relacionados