Yolanda Díaz: “O 25-S pon de manifesto que En Marea se consolida como espazo político e chega para quedarse”

Esquerda Unida reuníu hoxe o seu Consello Nacional, órgano máximo de dirección entre asembleas para afrontar o escenario político tras as eleccións dos 25 de setembro.

A coordinadora Nacional, Yolanda Díaz manifestou que os resultados de En Marea non foron suficientes para mudar o goberno da Xunta, pero poñen de manifesto a consolidación dun espazo político de ruptura que chega ao parlamento galego para quedarse.

Esquerda Unida incide na necesidade de abrir un debate fondo sobre a construción dun instrumento de transformación, como acontece no resto do estado. Os espazos de ruptura democrática deben pasar por un debate sosegado, sen datas forzadas, como está a acontecer no resto do estado como en Catalunya, País Valenciá onde os debates decorren por camiños moi dispares sobre a formulación orgánica.

O obxectivo da transformación do espazo vén marcada pola vontade de acumular o maior número de forzas posible, xa que todas somos necesarias para disputar a hexemonía á dereita política e social que pretende gobernar este país.

Relacionados