Yolanda Díaz: “O que ten pasado coa Mesa do Parlamento é unha estafa rotunda”

Dende EU e En Marea lamentamos que a Mesa do Congreso non teña estado á altura da súa responsabilidade e que priorizara intereses partidarios fronte á vontade expresada polo pobo galego nas eleccións do pasado 20D.

Yolanda Díaz falou hoxe nunha entrevista de Radio Voz da importancia de por en común as novas realidades representadas por novos actores que chegan ao Congreso; iso si, con semellantes sensibilidades baseadas en mellorar a calidade de vida das persoas.  “O que ten pasado coa Mesa do Parlamento é unha estafa rotunda e evidencia a vontade das persoas implicadas”, recorda Díaz, quen precisou que “somos un Grupo en pé de igualdade, con independencia, autonomía financieira, etc. Por iso, imos @En_Marea”, subliñou.

A Agrupación Parlamentaria En Marea, integrada no Grupo Plurinacional en pé de igualdade co resto das forzas, suporá na práctica que Galicia e os seus intereses teñan voz propia no Congreso dos Deputados e a cidadanía galega estea representada: portavocía propia, participación en debates, axenda propia, entidade xurídica e independencia política e económica.

En Marea, que se presentou con voz propia ás eleccións xerais do 20D, resolveu o bloqueo da Mesa do Congreso ao grupo parlamentario creando unha alianza estratéxica e fraternal coas forzas que no resto do Estado trouxeron o cambio e a ruptura coa vella política: o grupo plurinacional Podemos-En Comú Podem- En Marea.

“Esgotamos as vías de diálogo e atopamos unha negativa rotunda a entender a realidade plurinacional. Non quixemos deixar que nos seguisen marcando o camiño e a creatividade fíxonos buscar unha solución cos demáis aliados pola ruptura co Réxime. Esta é a mellor opción dentro das posibles para representar as diferentes voces que saíron do 20D. Os partidos do búnker seguirán sen entender nada”, declarou a portavoz de En Marea Alexandra Fernández.

A portavocía da Agrupación Parlamentaria En Marea, que será rotatoria, corresponderá inicialmente a Alexandra Fernández.

Relacionados