Yolanda Díaz: “O sistema de subastas da electricidade é polémico, carísimo e opaco”

Yolandad Díaz, deputada de En Marea e portavoz do Grupo Confederal na Comisión de Enerxía, interpelou ao Ministro Álvaro Nadal, esixindo unha postura clara no relativo ás axudas e ao apoio que o seu departamento ten previsto para a industria, sobre todo para a electrointensiva, trala modificación aprobada polo Goberno do servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade. Neste senso, Yolanda Díaz destacou que estas modificacións veñen de causar certa alarma na industria, ademáis de ser un cambio polémico, “xa que foi vostede criticado polo órgano regulador (la CNMC) nun informe duro e contuntende”, sinalou.

A voceira de En Marea puxo de manifesto que “o noso grupo parlamentario vén sendo profundamente activo coa presentación de diversas iniciativas tratando esta temática, porque falamos da industria, dun sector fundamental para a nosa economía”. Así, Yolanda Díaz sinalou que “as nosas iniciativas en defensa doutro sistema alternativo para a industria, votado por unanimidade nesta comisión, amosan o escaso talante democrático do grupo parlamentario que a vostede, señor Ministro, o sostén. Vostedes non fixeron nada ao respeto e o único que fan agora con esta modificación é poñer máis en xaque o propio sistema modificando a subasta para tan só 5 meses”, engadiu.

Yolanda Díaz denunciou que “estamos ante un sistema de subastas que é polémico, carísimo e opaco, e que pagan os consumidores eléctricos, e o que no pode ser é que o Goberno axude á industria, como vén facendo ata o de agora, a través dos consumidores eléctricos, sobre todo os domésticos. Ademáis, e como di a CNMC, o sistema ten un custe esaxerado, un nivel de potencia innecesario non xustificado e ademáis é un sistema de adxudicación complexo e gravoso”.

Ver a intervención dende aquí. 

Relacionados