Yolanda Díaz: “Os orzamentos do Goberno non contemplan a transición enerxética que precisa o país”

Esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea, defendeu en Comisión as emendas do Grupo Confederal en relación á defensa da Enerxía, Turismo e a Axenda Dixital e baseadas en modelos enerxéticos máis sustentables, no que a materia de enerxía se refire ou, en materia dixital, defendeu o apoio ao software libre.

Segundo Díaz, “cómpre dotarnos dunha Lei para levar adiante un Plan de Transición Enerxética”, xa que, en palabras de Díaz, “os orzamentos do Goberno non contemplan a transición enerxética que precisa o país”. Á hora de defender as emendas do Grupo Confederal, a deputada sinalou “as claves da transición enerxética”, que son: o autoconsumo, a democratización do acceso a enerxía e a clara aposta polos operadores eléctricos locais.

Ver vídeo dende aquí. 

Relacionados