Yolanda Díaz participará na mesa de inauguración da FEC, en Madrid

Hoxe venres 23, á tarde, Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e deputada de AGE, participará na mesa de inauguración da FEC (Fundación pola Europa dos Cidadáns), en Madrid; unha mesa que tamén compartirá con Alberto Garzón, candidato de IU á Presidencia do Goberno e a directora da FEC, Adoración Guamán, onde falarán da construción de alternativas para a transformación social.

O acto arrancará un pouco antes coa presentación da Escola –sede das instalacións do Centro de Formación Avogados de Atocha de CC.OO, na madrileña rúa de Sebastián Herrera- e correrá a cargo de Cayo Lara, xunto ao presidente da FEC, José María González, a eurodeputada e portavoz do Grupo da Izquierda Plural en Bruxelas, Marina Albiol, e a vicepresidenta do Partido de la Izquierda Europea (PIE), Maite Mola.

Esta VI Escola de Formación contará coa participación de máis de medio centenar de experto/as en distintos campos e pertencentes a distintos sectores para cumprir o obxectivo de acumular experiencias, coñecementos colectivos e propostas, desde distintos ámbitos, para poder plasmalos nunha alternativa real de goberno e transformación.

Máis información: http://www.europadelosciudadanos.net/vi-escuela-de-formacion/

Relacionados