Yolanda Díaz pregunta ao Goberno sobre medidas que garantan o futuro das empresas electrointensivas, como Alcoa

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de defender no pleno o posicionamento de En Marea no debate do RDL 20/2018, de 7 de decembro, de medidas urxentes para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio en España.

Respecto á situación da gandería, Díaz sinalou que “os produtores galegos do leite venden o producto por poucos céntimos, mentres as cadeas de distribución seguen a facer o que lles da a gana. A proposta do Goberno non arranxa o problema do equilibrio da cadea de distribución alimentaria”.

No tocante ás condicións de traballo, Díaz sinalou que “no 2019 entará en vigor unha norma que restrinxe a xubilación parcial. Os sector da automoción poderá acceder a ela, pero o resto de traballadoras non. Non teñen dereito as Kellys ou os traballadores da hostelería a pedir este dereito?”.

“As medidas que propón o Goberno para a industria electrointensiva as deriva a 6 meses. Tan urxente é o seu Real Decreto? Pensa que é serio anunciar que o Estado vai facer o Estatuto para regular a electrointensividade sen dar ningún paso?”, sinala Díaz.

“Alcoa é a principal industria de produción de aluminio. Os traballadores están aquí no Congreso escoitando o debate dun Real Decreto que os deixará nas rúas o 15 de xaneiro”, dixo. 

Entón, “Que saída lle deu as empresas electrointensivas? A subasta formalizada a semana pasada, reducindo os bloques a 40, é peor que o que facía o PP. Son subastas carísimas e opacas que paga a cidadanía”, dixo Díaz.

Ver a intervención en: 

Relacionados