Yolanda Díaz presenta a Proposición de Lei contra a Precariedade e Pola Estabilidade no Emprego

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, xunto con varias deputadas e deputados do Grupo Confederal, o Catedrático de Dereito do Traballo da Universidade de Castela A Mancha, Antonio Baylos e a profesora de Dereito do Traballo da mesma Universidade, Amparo Merino, presentaron este venres a Proposición de Lei contra a Precariedade e pola Estabilidade no Emprego, que contempla importantes medidas para loitar contra a fraude na contratatación temporal e parcial.

“Esta Lei muda o paradigma da explotación laboral neste país e, ademais, sanciona coa nulidade calquera irregulariedade: e dicir, se hai fraude, a traballadora ou traballador se queda no posto de traballo. Isto quere dicir que o texto da Proposición de Lei castiga coa nulidade a contratación temporal irregular, de xeito que a empresa tería que readmitir ao traballador ou traballadora despedida, e pagarlle os salarios de tramitación”, sinalou Yolanda Díaz na presentación.

“Ademais, é unha lei para as mozas e mozos do país, e para as mulleres, xa que revierte a situación que estas padecen no ámbito do traballo. Tamén ten en consideración a situación das paradas e parados de longa duración. Agora que mudou o Goberno, esperamos que a Ley saia adiante”, apuntou a deputada de En Marea.

Respecto a contratación temporal, con esta Ley só poderá realizarse un contrato de traballo de duración determinada por razóns de carácter produtivo e organizativo. Suprímese o contrato de obra ou servizo, que funcionou históricamente como a canle principal para a fraude na contratación temporal, e prohíbese a vinculación do contrato de traballo á duración dun servizo, contrata, campaña ou concesión pública.

Por outra banda, o texto establece con carácter xeral a indemnización para o traballador de 20 días por ano traballado á finalización do contrato temporal, e prohíbese expresamente facer coincidir a finalización de contrata de servizos coa relación laboral temporal. Á súa vez, esta lei sanciona coa nulidade a contratación temporal irregular, de xeito que a empresa tería que readmitir ao traballador ou traballadora despedida como empregado fixo, e pagarlle os salarios de tramitación.

Descargar dende aquí: Proposición de Lei contra a Precariedade e pola Estabilidade no Emprego

Relacionados