Yolanda Díaz súmase á concentración de apoio a Nicanor Acosta

Esta mañá Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, desprazouse ata o xulgado do edificio Proa de Matogrande co fin de manifestar todo o seu apoio ao compañeiro e incansable loitador Nicanor Acosta, de 78 años, Republicano de Honra de 2015, que foi xulgado por defender e impedir o desaloxo de Aurelia Rey, unha muller de 80 anos á que pretendían deixar na rúa.

Respecto a este situación, Yolanda Díaz manifesta: “Estou aquí en solidariedade cun home que é un exemplo de loita, humildade é dignidade neste país e nesta cidade, un home que é Nicanor e que tivo a honra de defender os dereitos da cidadanía, neste caso, paralizando un desafiuzamento”.

“Creo que Nicanor amosa o camiño; ese camiño baseado en tecer os nosos dereitos fundamentais e de saber cal é o verdadeiro reto da cidadanía. Fan falla moitos Nicanores para mudar as inxustizas. Por iso hoxe, máis que nunca, todos e todas somos Nicanor”, sinalou.

Nesta concentración tamén participaron membros de Esquerda Unida, compañeiros e compañeiras de Nicanor Acosta, así como todas as persoas de diferentes movementos sociais, tales como o Foro Galego de Inmigración ou Stop Desafiuzamentos para  acompañalo en todo momento e non deixalo só neste inxusto e duro proceso.

Relacionados