Yolanda Díaz: “Todos os banqueiros responsables desta gran estafa están libres e desfrutando do roubado”

Parece que sae barato rematar co aforro dos galegos e das galegas, “xa que todos os banqueiros causantes desta gran estafa, e desta crise, están libres e desfrutando do roubado. Este país non será normal ata que estes sinvergüenzas pasen pola cárcere e, unha condena de 24 meses, non obriga a facelo”, critica Yolanda Díaz nada máis saber a nova que abre as portadas desta mañá: a Audiencia Nacional condena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polo caso das indemnizacións millonarias.

“Como dixo Lesmes, temos unha xustiza pensada para perseguir aos roba-galiñas, xa que os delincuentes de luva branca non pasan pola cadea e si o fan, por exemplo, a cidadanía xulgada pola nova lei Mordaza; o que é vergoñento”, sinala Díaz.

“É por isto que dende Esquerda Unida esiximos depuracións das responsabilidades tanto políticas como xudiciais e non só polas indemnizacións millonarias, senón polo burato de máis de 10 mil millóns de euros que paga Juan pobo”, apunta Yolanda Díaz. É por isto que instamos a Feijóo a que reabra e culmine o traballo da comisión de investigación das caixas de Galicia, senón, que ten que ocultar o presidente?”, pregunta a deputada.

Relacionados