Zona azul Esteiro

 

Queremos salientar que as cuestións vencelladas co tráfico semellan que necesitan  dunha presenza constante da policía local cara  a garantir o axeitado cumprimento das normativas municipais, as cales coadxuvan  ao esforzo para desenvolver unha vida cidadá millor.

 

En particular  a zona azul non está a cumprir a súa finalidade, ao que hai que sumarlle a constante dos automóbiles mal aparcados na Praza das Angustias ou no espazo peonil da Alameda do Cantón, a dobre fila permanente na avenida de Esteiro, etc. Situacións que demandan unha presenza efectiva da policía local cara a superalas.

 

Facémonos eco da necesidade de presenza policial no barrio  para tamén  procurar que a ocupación do espazo público  polas terrazas dos estabelecementos de hostalaría  se faga nos metros autorizados e cos materiais axeitados no que fai ao mobiliario e os parasoles.

 

Esquerda Unida reclama pois do Goberno Municipal un esforzo de planificación para garantir unha presenza policial no barrio segundo os compromisos contraídos coa cidadanía de Esteiro.

Relacionados