Protocolo interno para a prevención e abordaxe de violencias no ámbito militante

Esquerda Unida, como organización comprometida co feminismo e coa coherencia ética no exercicio da política, consideramos imprescindible abordar as situacións de violencias no ámbito militante, sexan de carácter machista, LGTBIQA+ fóbicas, racistas, de discriminación por diversidade funcional ou calquera outra opresión de carácter estrutural.

As organizacións políticas, por moi de esquerdas que sexan, non son espazos separados do resto da sociedade patriarcal, machista, racista e capitalista na que crecemos, socializamos e habitamos. Ningunha organización pode considerarse exenta de este tipo de comportamentos entre as persoas que forman parte, e precisamente por iso estas violencias deben abordarse tanto dende a perspectiva colectiva como dende os feitos individuais.

A resposta, polo tanto, non é se hai ou non violencias no ámbito militante, senón como actuamos cando descóbrense. Por iso, vai mais aló de casos concretos: as violencias machistas son estruturais e a nosa organización deben estar preparada para previlas, afrontalas e reparalas.

Conscientes de este problema, na XIII Asemblea Federal de IU de maio de 2024 aprobamos un novo protocolo contra o acoso e reforzamos a comisión de coidados federal, co propósito de erradicar as violencias na nosa organización e construír espazos seguros, libres de machismo e de relacións de subordinación.

Con esta ferramenta renovada, EU e IU avanzan nun proceso que é colectivo e permanente. Interpélano a todas e todos, porque construír unha organización feminista esixe revisar estruturas, cuestionar inercias, garantir a escoita, a reparación e o coidado, e xerar mecanismos eficaces para previr calquera forma de violencia.

A metodoloxía de este protocolo caracterízase polo acompañamento e arroupe á ou ás vítimas tanto á militancia como a simpatizantes e entorno inmediato de EU e IU, atendendo especialmente a aquelas situacións que se dean en ámbitos de subordinación ou dependencia por cuestións políticas.

Se necesitas contactar coa Comisión de Coidados —para expor dúbidas, realizar suxestións ou informar de unha situación propia ou a terceiros— podes escribir a:

comision.cuidados@izquierdaunida.org

Documentos dispoñibles:


 Regulamento para a prevención e abordaxe de condutas de acoso
 Modelo de notificación para denunciar ou expoñer unha situación de acoso

En Esquerda Unida e Izquierda Unida seguimos avanzando cara unhas organizacións que sexan reflexo do proxecto político que defendemos: socialista, feminista e ecoloxista. Soamente se construímos colectivamente espazos seguros poderemos ser unha ferramenta útil para a transformación social.