Fai unha doazón

Para poder desenrolar a nosa actividade e organizar iniciativas e eventos que favorezan a difusión do noso proxecto político emancipador da clase traballadora no noso país, necesitamos contar con respaldo económico, dentro do compromiso de aforro e austeridade que caracteriza a Esquerda Unida.

Se queres axudarnos economicamente realizando unha doazón poderás incluíla o ano seguinte na túa Declaración da Renda (IRPF) ó ser obxecto de desgravación.

Doazón mediante transferencia bancaria á conta de doazóns

Para realizar unha doazón, fai un ingreso ou transferencia no seguinte número de conta indicando no concepto “Doazón + DNI + nome completo + provincia de residencia”

ES29 2080 0395 6030 4000 5650

Unha vez realizado o ingreso, e soamente no caso de non poder incluír toda a información solicitada, envíanos a finanzas@esquerdaunida.org unha copia ou foto do xustificante da transferencia cos datos que falten e darémoste acuse de recibo.

É moi importante que indiques os datos solicitados ( DNI + nome completo + provincia de residencia)  no concepto da transferencia, xa que de no ser así non poderemos aceptar os cartos e teremos que ingresalos no Banco de España para doazóns non identificadas.