A Comisión Colexiada Nacional de EU está integrada polas persoas propostas pola Coordinación Nacional de EU, que a presidirá. Será ratificada polo Consello Político Nacional conforme a dita proposta, respectando a paridade como acordo de mínimos. Poderase incrementar a representación de mulleres como medida de acción positiva para favorecer unha maior participación política, procurando ao tempo a integración das distintas sensibilidades políticas.
Son funcións da Comisión Colexiada Nacional, como órgano de xestión cotiá, a execución dos acordos adoptados polo Consello Político Nacional. Así mesmo, encárgase da preparación e elaboración das propostas de traballo e dos debates políticos que se elevarán aos órganos superiores de dirección.
A responsabilidade da Comisión Colexiada Nacional é de carácter colexiado, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan individualmente a cada unha das persoas integrantes.
Contactos das responsabilidades:
Coordinador Nacional
coordinacion.nacional@esquerdaunida.org
Organización e Finanzas
organizacion@esquerdaunida.org
finanzas@esquerdaunida.org
Área Interna
areainterna@esquerdaunida.org
Comunicación
comunicacion@esquerdaunida.org
Institucional
institucional@esquerdaunida.org
Externa
externa@esquerdaunida.org
activismo@esquerdaunida.org



