20110310 copiar.gif - 17.80 Kb

Contenedores de lixo

 

Despois de malgastar 736.503.69 €, na chamada rehabilitación da Alameda de A Guarda, achique da rúa Rosalía de Castro (Funil de tráfico), beirarrúas de pedra, ao noso entender, Vostedes  dan por feito que os mencionados contenedores de lixo son unha actración turística, non se entende que nada mais chegar A Guarda tenhamos semellante espectáculo, so falta por uns paus e unhas botellas ao ar para que chame mais atención. Seguramente recibirían outra medalla do EDEN.

 

Presumen de que somos un concello de interese turístico, Destino Europeo de Excelencia, e vostedes carecen da mínima sensibilidade e responsabilidade ante os cidadáns da Guarda e visitantes.

 

Dende Esquerda Unida Solicitamos:

 

A retirada aérea dos contenedores de lixo.

Que se faga un estudo, proxecto  para soterralos, e se é antes do verán moito mellor.

Relacionados