compostela2.gif - 4.78 Kb

Moción Administración electrónica

 

Consiste en utilizar as novas tecnoloxías para facilitar a comunicación entre a veciñanza e a Administración e axilizar os procedementos administrativos. En definitiva, trátase de que o maior número de trámites administrativos se poidan realizar a través de Internet, evitando desprazamentos, colas innecesarias, gastos telefónicos e absentismo laboral.

 

Unha implantación plena da Administración electrónica é beneficiosa para o cidadán, ao  permitir unha maior facilidade nas súas relacións coa Administración, mellorando a xestión municipal e reducindo custos para o Concello.

 

Na carpeta cidadá da páxina web do Concello de Compostela nótase en falta poder realizar certos trámites de forma electrónica como: solicitude de modificación de datos no padrón de habitantes, solicitude de cita con persoal do concello, solicitude de recollidas de mobles, solicitude de autorización de ocupación de vía publica, etc.

 

Do mesmo modo consideramos necesario informar aos composteláns e compostelás, máis ás pequenas empresas, das novidades no ámbito de TIC do Concello de Santiago de Compostela para difundir o seu uso, sendo un lugar especialmente oportuno para divulgar dita información serían as instalacións onde actualmente se prestan estes servizos de forma convencional.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDOS

 

Primeiro.- Ofrecer a cidadanía a posibilidade de realizar o maior número de trámites administrativos a través da rede.

 

Segundo.- Desenvolver unha campaña informativa para difundir o seu uso.

Relacionados