Consello Político Nacional de EU

Hoxe sábado 3 de novembro, Esquerda Unida reuniu ao seu Consello Político Nacional, máximo órgano de goberno entre asembleas, para facer unha análise máis pormenorizada do que será o futuro traballo da coalición Alternativa Galega de Esquerda.

 

O Consello Político de Esquerda Unida vólcase co compromiso que a cidadanía avalou con máis de 200.000 votos. A necesidade dunha converxencia política e social, viuse reflectida no resultado electoral, así o considera este órgano de dirección no que o compromiso adquirido pasa por mudar o xeito de facer política. Isto é combatiremos nas rúas e no parlamento as consecuencias desastrosas que teñen para a maioría das persoas as políticas neoliberais da dereita e da troika.

A ilusión da campaña pasa pola extensión da organización para combater as políticas da troika. A cidadanía mostrou o desexo do cambio, o apoio do pobo marca o final dun réxime político onde a oposición parlamentaria non foi quen de exercer e defender os dereitos da cidadanía. A pesares da maioría absoluta do PP, que é un fracaso electoral oculto tras unha lei electoral inxusta, os votos recibidos non lexitiman a súa política.

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida, perfila as liñas políticas coas que se rexirá o grupo parlamentario. Pendentes aínda de reunirense as organizacións que conforman Alternativa Galega de Esquerda para establecer a estratexia común de trasladar a voz do pobo ao pazo do Hórreo, Esquerda Unida está a traballar e a priorizar as iniciativas parlamentarias que se presentarán no Parlamento.

En datas próximas definiranse a estratexia común que non será outra que a defensa da cidadanía fronte ao ataque das políticas antisociais. Neste senso o escenario máis inmediato será paralizar o país o 14 de novembro de 2012 coa folga xeral.

 

Relacionados