Vanessa Angustia e Eva Solla arroupan á candidatura de Podemos-EU Son En Común Pontevedra

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia e Vanessa Angustia, candidata de Unidas Podemos Cambiar Europa estiveron esta tarde en Pontevedra para arroupar a candidatura de Podemos-EU Son En Común Pontevedra e ao seu cabeza de lista, José Ramón Otero, nun acto no que tamén estivo Antón Gómez-Reino, secretario Xeral de Podemos Galicia, entre outras.

Eva Solla resaltou “a necesidade de ter unha opción política que traballe polas necesidades das persoas” na cidade. Segundo sinalou, “Pontevedra ten un importante índice de pobreza, polo tanto, ten moitas necesidades que atender”. Entre estas, Solla destacou a “necesidade de aumentar o número de prazas nas residencias de maiores, aínda que tamén en escolas infantís”.

Precisamente tanto os maiores como as nenas e nenos sofren máis pobreza “que supera xa o 20,7%, segundo o índice Arope en Pontevedra”, polo que precisamos máis axudas, medidas sociais e implicación para rematar con esta situación.

Na mesma liña, Vanessa Angustia subliñou que “nin o BNG, nin o PP ou o PSOE teñen lexitimidade para defender á cidadanía de Pontevedra no concello de Pontevedra, nin en Europa. O paro na cidade, de niveis inauditos en Galicia e que afecta sobre todo á mocidade, é consecuencia das súas políticas”.

Fronte a estas, dicimos dende Unidas Podemos Cambiar Europa, que “nós si temos un proxecto de futuro para Pontevedra, que pasa por mellorar as infraestruturas, a industria e o tecido produtivo; un modelo industrial que xere traballo na comarca, non portas xiratorias. Non un modelo como a única industria que está ilegalmente na Ría de Pontevedra”; un modelo de industria de calidade para que a mocidade teña aquí un proxecto de vida.

Relacionados