Día de loita contra a LGTBI fobia

 

En 1989 deciden descatalogarla polas presións do activismo gai e lésbico, que reclamaba unha “normalización” da homosexualidade rexeitando a súa relación coas “desviacións do xénero”. Así, ábrese a porta á patologización ás expresións non normativas do xénero, isto é, a transexualidade. Desde entón, o 17 de maio é considerado o Día Internacional contra a LGTBI-fobia.

 

A patologización das identidades sexuais e de xénero non normativas ten unha influencia fundamental tanto no establecemento da transexualidade como patoloxía no imaxinario social, como no mesmo dereito. Véxase por exemplo a Lei 3/2007, chamada de “identidade de xénero” onde se esixe un diagnóstico de disforia de xénero e recibir dous anos de tratamento como mínimo para efectuar cambios no Rexistro Civil. Por iso é importante non esquecer que as persoas transexuais e transxénero non tiveron a mesma sorte que o resto e neste día é imprescindible recordar que a patologización das identidades transexuais e transxénero tamén é transfobia, como o é a exclusión social na que se atopan moitas persoas transexuais e transxénero, que moitas veces non senten representadas en moitas das demandas dos principais colectivos LGTB, como pode ser o caso das persoas migrantes transexuais e tansxénero. A exclusión das persoas transexuais e transxénero é o resultado do funcionamento do sistema neoliberal e patriarcal, que necesita das exclusións e opresións para manter o “status quo” actual co fin da acumulación de capital. Desde Esquerda Unida avogamos por unha completa despatoloxización da transexualidade, sen que iso supoña a perda de absolutamente ningún dereito sanitario.


A LGTBI-fobia estivo lexitimada por unha serie de consideracións pseudocientíficas que diagnosticaban como “enfermas” ás persoas que se desvían da norma heterosexual, entendida esta como unha norma lexítima e natural. Ás persoas LGTB tocoulles loitar non só para borrar esa marca de “enfermo/a” senón tamén contra aquelas consideracións achega do VIH que estigmatizaban aínda máis ás persoas LGTB, tratadas como un grupo de risco, contribuíndo así a súa “criminalización” e persecución. Tamén contra a falta de respostas das institucións cara ao pandemónium do VIH/SIDA, cuxas políticas tiñan a filosofía do “grupo de risco, cancro gai ou castigo divino”. A loita contra o VIH/SIDA tamén foi unha forma de expor os prexuízos que se tiñan ao redor da sexualidade e ás prácticas de risco.

 

Este ano temos outra oportunidade de pór sobre a mesa que, segundo as últimas estatísticas, as infeccións van en aumento así como os recortes en prevención. Unha vez máis, a crise e os recortes en prevención do VIH aféctannos a todas as persoas, independentemente da nosa orientación afectivo-sexual. Esiximos ao goberno que non diminúa nin un céntimo dos orzamentos destinados á prevención, e si que deixe de axudar a bancos en quebra que desahucian a persoas sen casa. Ademais da prevención, desde EU cremos na non estigmatización das persoas infectadas, que son iso, infectadas, e non contaxiadas, polo que urxe un cambio na nomenclatura oficial da enfermidade para evitar as discriminacións que agora sofren as e os infectados.


Aínda que se sigan financiando campañas contra o VIH desde o goberno do PSOE, resúltanos incoherente que sexa este mesmo goberno o que siga inchando as arcas da Igrexa católica, a mesma que nega o uso do preservativo como método eficaz para previr a transmisión de infeccións de transmisión sexual. E non só nega a eficacia do condón, senón que tamén a Igrexa continúa facendo política e participando en decisións que nos afectan a todas e todos, crentes ou non crentes, como no financiamento de campañas contra os dereitos reprodutivos das mulleres ou na utilización de espazos públicos para os seus fins confesionais. Nestes meses púxose sobre a mesa a existencia de capelas en moitas universidades públicas grazas á denuncia realizada por compañeiras da Universidade Complutense de Madrid. Parécenos lamentábel que a dereita consiga criminalizar a estudantes que o único que fan é loitar pacíficamente contra os privilexios dunha institución que se declara abertamente misógina, homófoba e tránsfoba. Consideramos que o goberno debería ser coherente e acabar cos privilexios dos que goza a Igrexa católica, e destinar os abundantes fondos que reciben a acabar co desemprego e a precariedade.

Hoxe deberiamos falar de día contra a norma heterosexual e todo o que iso implica. Esta norma susténtase nun modelo produtivo excluínte e necesita marcar como abxecto a todos aqueles corpos que se desvíen de dita “normalidade”. Necesita manter sistemas de opresión e de exclusión que deben ser destruídos se queremos realmente realizar unha verdadeira loita contra a LGTBI-fobia e iso só é posíbel mediante formulacións antisistema: anticapitalistas, antipatriarcales, antiheterosexistas e antirracistas. Nin un só recorte en prevención, nin unha soa lei patologizante e nin un paso atrás en leis como o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Nin o PP nin o PSOE roubarannos aínda máis.

 

Relacionados