Contratacións para a campaña de limpeza de praias

 

A realidade é que o día 17 de xuño  do 2010 o Alcalde asinaba a resolución da alcaldía nº 387/2010 na que se faí a contratación  de 4 peóns e 1 capataz a proposta do concelleiro de persoal para a campaña de limpeza de praias sendo a vixencia dos contratos do día 21 de xuño ata o 20 de setembro.

Ese mesmo dia se estaba celebrando a reunión ordinaria da comisión de obras,servizos e persoal do concello que debería informar tódolos temas relacionados cos epígrafes mencionados.Na  mesma non se inclúe ningún punto da orde do día relativo a esta cuestión polo presidente da mesma.

Dende o GM de EU-IU sin entrar a valorar as persoas seleccionadas consideramos unha vez máis que o goberno municipal utiliza de forma clientelar a institución municipal en beneficio dos posibles réditos políticos para a súa organización, a través das contratacións realizadas a dedo.

É unha vez máis o goberno incumple o que vota no pleno, aínda que somos conscientes da legalidade da forma de contratación elexida, pero unha cousa é a legalidade e outra os compromisos políticos votados.

Relacionados