Día 25 de Xullo

“É a hora de sumar vontades, levar unha mensaxe de esperanza e apostar por UN MOMENTO HISTÓRICO no que sumar multiplica”, sinala a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz. Ao seu xuízo, “en Galicia temos que seguir loitando para que continúe a primavera de devolver as institucións para a maioría, recuperando así a ilusión e a dignidade para a nosa cidadanía”, precisa.

As Mareas, as mobilizacións sociais, as marchas da dignidade ou o 15 M deixan claro que traballar no proceso de unidade popular é a única forma de mudar, dunha vez por todas, as políticas regresivas e represivas que leva a cabo o PP. E dende Esquerda Unida temos claro que ese é o verdadeiro e único camiño da transformación social. A esta manifestación do 25 de xullo asistirán membros da dirección nacional de Esquerda Unida, así como a súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz. Ver vídeo en: https://www.youtube.com/watch?v=wIo-zAomIuY

 

Relacionados