Unha estrela de caraveis vermellos para a memoria viva de Manolito Bello

Na tarde do 11 de xullo, o cemiterio de San María de Oza (A Coruña) converteuse nun escenario que reuniu a familiares e amigos da familia de Manolito Bello, así como a membros de Esquerda Unida, o Partido Comunista de Galicia, as Xuventudes Comunistas, e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH ), entre outras colectivos, que realizaron a homenaxe anual a Manolito Bello, membro coruñés da guerrilla antifranquista, no 71 aniversario do seu asasinato no cárcere de A Coruña.

Alberto Franco Figueira, membro das Xuventudes Comunistas, comezou falando do asasinato de Manolito Bello, aos 21 anos, e quixo que na súa tumba se colocara unha estrela de caraveis vermellos, unha tradición que renovamos cada ano.

A continuación, Rubén Alfonso Lobato, secretario da CRMH, subliñou a necesidade de avanzar en accións concretas de denuncia mentres se continúan a levar a cabo as homenaxes a persoas que deron a vida pola liberdade.

Pola súa banda, Xabier Ron, membro da executiva de Esquerda Unida, fixo un chamamento á recuperación da memoria das vítimas, aínda viva, e a seguir a denunciar a brutalidade dos crimes franquistas. “Temos a obriga de seguir loitando por recuperar toda a magnitude desa memoria silenciada, a das cunetas, a das pedras, e a das dignidades violadas. Só así poderemos completar a Historia na súa integridade, coñecer a Verdade e facer xustiza”, rematou.

Dende aquí podedes ver un resumo do acto.

 

Relacionados