Vanessa Angustia defende no Senado o rexeitamento á aplicación do artigo 155

Vanessa Angustia defendeu no Senado o rexeitamento á aplicación do artigo 155 da Constitución e, posteriormente, votou en contra da súa aplicación. “Coa aplicación do 155 están abrindo á porta a involución democrática, recortando liberdades e autonomía política”, denunciou Angustia no Pleno do Senado.

A senadora asegurou que o voto de En Marea era “un total rexeitamento á aplicación do artigo 155”, que quita a autonomía a Catalunya, permite o cese do Govern e a intervención da Generalitat. “O noso voto é un total rexeitamento á aplicación do artigo 155, que é un abuso do Goberno que perxudica a todos os cataláns e catalás”, afirmou a senadora.

A senadora galega reivindicou que somos “a voz da Nación Galega” e reclamou “o artigo 47, do dereito á vivenda ou o 128, que di que toda riqueza está subordinada ao interese xeral”. “Sexamos independentes, si, das súas políticas de portas xiratorias galegas, que con ENCE e Reganosa afunden a economía do noso país e as nosas rías”, sinalou.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados