Vanessa Angustia pregunta ao Ministro sobre a responsabilidade do Goberno respecto ao accidente de Angrois

Durante a sesión do Pleno, a senadora Vanessa Angustia, preguntoulle a Iñigo da Serna, ministro de Fomento, “sobre a explicación que lle merece ao Goberno que non houbese unha avaliación integral de riscos previa á posta en funcionamento da liña ferroviaria na que se produciu o accidente nunha curva do barrio de Angrois”.

Rogelio Bernardo Brotón e Teresa Gómez Limón, presidente e vogal da Plataforma de Vítimas Alvia 04155, respectivamente, acudiron como público ao Pleno do Senado para escoitar a pregunta formulada pola senadora de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea, Vanessa Angustia, ao ministro de Fomento, Iñigo da Serna, sobre a ausencia dunha avaliación integral de riscos previa a que entrase en funcionamento a vía na que se produciu o accidente.

Tras a pregunta, as dúas vítimas empezaron a protestar en voz alta e a ensinar imaxes co rostro do ministro de Fomento e sobreimpreso ao número de vítimas do accidente. Como consecuencia, o presidente do Senado, Pío García-Escudeiro, ordenou que fosen desaloxados. O Goberno segue así sen asumir así as súas responsabilidades respecto o accidente.

Relacionados