Vanessa Angustia reclama ao Goberno a súa mediación con Noruega polas pensións dos mariñeiros de ‘Long Hope’

Vanessa Angustia, senadora de En Marea, esixiu ao Ministerio de Exteriores a súa implicación no conflito que 12.000 mariñeiros manteñen en Noruega para cobrar, aínda a día de hoxe, as súas pensións. Grazas a esta intervención, tanto a senadora como os representantes de ‘Long Hope’ reuníronse co ministro Alfonso Dastis para esixir “máis implicación e compromiso por parte do Goberno”.

Os feitos se remontan dende 1948 ata 1994, cando todos eles faenaron en alta mar en buques con bandeira noruega, abandonando os impostos equivalentes ao IRPF. Anos despois, sen embargo, ese traballo realizado non computa a efectos de pensión de xubilación, polo que non reciben retribucións nin do Estado Español nin de Noruega, atopándose nunha situación de auténtica desprotección social.

É a primeira parada dun periplo xudicial que podería alongarse por anos, obrigando aos ex-mariñeiros a acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Non obstante, a realidade é que moitos de eles teñen idade avanzada, viven nunha situación de desprotección e desamparo, e poderían en moitos casos non chegar a ver unha victoria xudicial que finalmente recoñeza os seus lexítimos dereitos. Por iso, a asociación ‘Long Hope’ reclama a súa mediación ao Goberno de España, concretamente do Ministerio de Asuntos Exteriores, para que apoie aos ex-mariñeiros nos tribunais noruegos, ou para que chegue a un acordo bilateral con Noruega que garanta unhas prestacións dignas.

Relacionados