Este domingo 1 marzo, a Plataforma de afectados pola Hepatite C convoca en Compostela unha manifestación para esixir que o goberno do PP garanta o acceso aos medicamentos para as persoas afectadas pola Hepatite C. A directriz da dereita aplicada en Galicia da man de Feijóo, cóbrase vidas de persoas, que os recortes matan é unha realidade.
