Compensacións EMAFESA

 

Esta fórmula naceu dunha proposta de EU, que finalmente asumiuse polo conxunto da Corporación, incluído este Goberno Municipal hoxendía en rebeldía no que toca  ao acordo, logo de 4 meses sen executalo.

 

Javier Galán pregúntalle ao Goberno cantos meses máis de espera terán que aturar ás veciñas e veciños afectados por uns cortes de auga que descobreron a  pésima planificación e xestión das obras de EMAFESA. Vai tempo abondo para atopar a fórmula compensatoria no recibo e facela efectiva.  Se non se fai haberá que explicar os motivos, non dar a calada por resposta.

 

Alguén non está a facer os deberes segundo corresponde, porque non deixa de  estranar que corran os meses  sen que se nos presente esa fórmula, que xa semella  alquímica pola dificultade que está a ter atopala; fórmula para compensar ás veciñas e veciños que hai que  elaborar  e pór en práctica xa.

 

Do contrario teremos que chegar á conclusión que tamén neste tema o Goberno declárase na rebeldía dos obedientes,  que se amosan poderosos coa cidadanía e servís cos poderes económicos das grandes empresas.

 

Este Grupo Municipal reclama do Goberno que se deixe de coidar o beneficio da parte privada da empresa concesionaria e se atenda ás xustas demandas da veciñanza de Ferrol. O seu cometido é ese, non obediencias espúreas ao poder económico.

Relacionados