arousa.gif - 5.81 Kb

75 aniversario do triunfo do Frente Popular

Salvando as distancias, a situación para ese mesmo pobo traballador non é tan diferente hoxe en día como cando se fixo necesario dotar á II República dun auténtico contido social e popular, para rematar cos privilexios e superbeneficios dos grandes banqueiros e empresarios, dos terratenientes, dos obispos, dos militares colonialistas…Debemos aprender as leccións e retomar os obxetivos  de unidade  para loitar contra o réximen que nos asfixia e que na realidade só é un instrumento de dominación política ao servicio do capital, nacional e extranxeiro, e no que medran os corruptos que enganan  unha e outra vez  ao pobo e se lexitiman cun  teatro electoral que só garantiza que nada do fundamental cambie….Saúdamos o importante acto de homenaxe ao Frente Popular que se celebróú no Ateneo de Madrid o día 16, organizado por Ciudadanos por la República, Unidad Cívica por la República e Agrupación ateneísta Juan Negrín. Entre outros interviron, con intelixencia e enerxía, o compañeiro Pedro García Bilbao, vicepresidente da primeira destas organizacións. E suscribimos totalmente o seu chamamento a que toda a esquerda que o quere ser de verdade construiamos xuntos un programa de acción e reivindicación común para colocar no centro da loita dos obreiros e de todo o pobo a loita pola conquista da República que faga realidade a defensa dos nosos dereitos. Esta crisis é a crisis dun réximen monárquico e dun sistema económico que nón é o noso e contra o que temos que combatir;  o que si é noso é o futuro onde non quepan os que nos explotan e enganan.

 

Relacionados