EU denuncia o incumprimento do concello da ordenanza municipal de ruídos

 

A devandita actuación o Goberno municipal amosa con claridade o pouca importancia que lle outorga a cidadanía é a súa manifesta incapacidade para desenvolver políticas baseadas na participación cidadá.

 

O consello comarcal de Esquerda Unida de A Coruña ve un claro fin electoralista nas aceleración das obras para continuar coa campaña de inauguracións antes das eleccións municipais, tendo en conta a dinámica que segue o alcalde de A Coruña cas últimas inauguracións, EU pensa que é bastante evidente que o que se pretende con esto non é ofrecer melloras os cidadáns habilitando espazos de paseo e de xogos para os nenos se non recadar votos de cara as vindeiras eleccións municipais.

 

Xa que logo, o Consello Comarcal de EU Coruña denuncia que o concello sacrifica a calidade de vida da veciñanza por meros intereses electoralistas.

 

A ordenanza municipal de ruídos e vibracións, no seu artigo 34.1 di: Prohíbese a realización de obras, reparacións, instalacións, etc… tanto na vía pública como na edificación, cando transmitan ao interior das vivendas niveles de ruido superiores os establecidos con carácter xeral nesta ordenanza, entre as 22 h. e as 8 h. do día seguinte.

 

Así pois, remitíndonos as propias ordenanzas municipais, o concello de A Coruña está a incumprir a súa propia normativa, xa que logo, Esquerda Unida esixe ao concello que respete os horarios de descanso da veciñanza, aínda que para elo teña que atrasar a data da inauguración.

 

Relacionados