Para o coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, “unha vez máis, Javier Losada coas súas declaracións evidencia un claro distanciamento da realidade”. O alcalde afirma que Coruña é unha cidade participativa, máis o goberno municipal nunca tivo vontade de outorgar ningún tipo de poder de decisión a cidadanía. Tamén fala dunha cidade de diálogo, pero os que asistimos aos plenos observamos estupefactos como os concelleiros insúltanse e fáltanse ao respecto constantemente e nin tan sequera escoitan aos seus opoñentes, dedicándose a xogar cos móbiles ou ler os xornais durante o pleno.
Esquerda Unida denuncia que o Goberno local está a impedir a participación da veciñanza ao incumprir o regulamento de participación cidadá. Un regulamento que tan so aprobou por imperativo da Lei das grandes cidades, pero que nunca chegou a desenvolver gardándoo nun caixón e desatendendo os requirimentos da cidadanía en base ao devandito regulamento.
Por outra banda, César Santiso subliñou a incoherencia do alcalde cando fala do grande sentimento de pentenza aos barrios dos coruñeses e coruñesas, máis as súas políticas desenvolvéronse xusto no sentido contrario, centralizando espectáculos e actos culturais e favorecendo a proliferación de centros comerciais na aforas da cidade en detrimento do pequeno comercio coruñés, como o demostra o feito de que A Coruña quintuplica a media española por habitante/m2 de superficie comercial.
O consello comarcal de EU Coruña propón un Plan de Reactivación da Vida nos Barrios mediante a recuperación de espazos públicos e a diversificación cultural para o goce da cidadanía, asemade do apio e promoción do pequeno comercio para que cubra a demanda dos barrios e así favoreza a vida “interbarrio” e evite a destrución de centos de postos de traballo.