Aparcamentos

 

 

Na madrugada do domingo de Corpus, un grupo de nais e pais do colexio Fermín Bouza Brey, tendo a sospeita de que se puidera estar utilizando o recinto do centro educativo como aparcamento e ademáis cobrando por elo se acercou alí a comprobalo. Unha vez alí, puideron comprobar que certamente estaban entrando vehículos e que se lles estaba cobrando dous euros a cada un deles. Por si fora pouco, estaban utilizando a duas rapazas claramente menores de idade, pertrechadas con chaleco relectante, para indicarlles ós condutores dos vehículos que se acercaban que aparcaran no recinto. Ás preguntas dos pais sobre quén lles dera permiso para estar alí cobrando, responderon que tiñan permiso do Concello. Máis concretamente do Tenente de Alcalde González Carrera.

 

Todo isto tendo en conta que o Consello Escolar do CEIP Fermín Bouza Brey somentes autorizóu a utilización do recinto do colexio no caso de que fora sen ánimo de lucro.

 

Estes feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil, que despóis de facer esperar un bo tempo aos pais, se negou a comprobar estes feitos alegando que non era a sua competencia.

 

Sabemos que non só no Fermín Bouza Brey se estivo cobrando, se non que se fixo en todos os espazos públicos (e algúns privados) donde era posible, e que agora o Concello se desmarca de estes cobros e dice que ordenou investigar os feitos á Policía Local.

 

Os feitos son que alguén se estivo lucrando ilícitamente a costa dos espazos públicos de Ponteareas, que alguén lle tivo que permitir o aceso ó recinto do Fermín Bouza Brey ás persoas que estaban cobrando, posto que a pechadura do portalón non estaba forzada, que a Garda Civil se negóu a comprobar o caso e que o Concello, como mínimo por neglixencia, estivo permitindo esta situación durante toda a noite do sábado e a mañán do domingo.

 

Dende Esquerda Unida esiximos que unha situación de tal gravidade sexa investigada, pois todo indica que aquí se estivo cometendo un delito a costa de propiedades públicas co consentimento implícito do Goberno Municipal. Todo isto nos recorda, que a estas alturas, aínda nos queda moito para salir de eses tempos nos que algúns administraban o público como si fora a súa finca particular.

Relacionados