Conservación do mobiliario urbano no peirao

 

 

A foto (papeleira no paseo da praia da Bestarruza) que vos enviamos é unha pequena mostra do abandono que sofre o mobiliario urbano no peirao.A esta mostra temos que engadir: as fontes unhas non botan auga, e outras  teñen o pe oxidado, os bolardos desencaixados non son substituidos quedando os tornillos sen protección co risco de provocar caídas, os bancos están sen pintar faltandolles incluso madeiras na parte do asento e a outros case os invade as silvas,hai puntos de luz sen repoñer e noutros casos os báculos se sacaron e xa non se voltaron a poñer; ó que temos que engadir a deficiente limpeza das vías públicas.

 

O peirao de Mugardos, é  o sitio por excelencia para o paseo das persoas que viven no pobo e a entrada de turistas, a imaxe de abandono que estamos a transmtir ten pouco que ver cunha política activa de cumplimento das nosas obrigar como concello e moito menos de promoción turística.

Demandamos do goberno municipal unha actuación urxente para revertir a situación de abandono pola que esta a pasar o peirao de Mugardos.

Relacionados